ELAS NOS OFICIOS - Almanaques 2024

16,5036,00

Limpiar

Share

Descripción

ELAS NOS OFICIOS – COLECCIÓN 2024
Labrega, pulpeira, redeira, mariscadora, zoqueira, torneira, ourive,…
Son todos eles labores vencellados á nosa historia e ás nosas raíces galegas. Traballos que hoxe aínda sobreviven e non caen no esquecemento grazas a moitas mulleres que manteñen prendida a lapa desa tradición. ‘Elas nos oficios’ é unha homenaxe a todas elas.
Este proxecto maravilloso está formado polos seguintes artigos:
CALENDARIO DE PAREDE:
Impreso a doble cara en papel de algodón de 300 gramos, en medidas 15x40cm., encuadernado con ollais dourados e lazo de raso de cor crema.
CALENDARIO DE MESA:
Impreso a doble cara en papel de algodón de 300 gramos, en formato A5 con peana de cartón ríxido, encuadernado con anillas dobles de cor dourado.
PRINTS (LÁMINAS) 25X25 cm. en papel verjurado de 300 gramos, presentadas sobre cartón ríxido (tamén dispoñibles enmarcadas)
Venta baixo reserva previa.
PACK FORMATO MESA + PAREDE a prezo reducido.
Todas as ilustracións foron feitas a man con carboncillo acuarelable e tinta.

Información adicional

formato

calendario de mesa, calendario de pared, pack calendario de mesa y de pared