CALENDARIO ILUSTRADO 2027

De festa en festa é a colección de calendarios ilustrados 2027 da autora Andrea Area.

Recolle doce acuarelas feitas a man que representan a nosa rica gastronomía a través de diferentes festas de Galicia como a Festa do Cocido de Lalín, a Festa da Filloa de Valongo, a Festa da Vieira de Cambados ou a Festa do Queixo de Arzúa, entre outras. Xornadas de puro sabor para encher o bandullo cos mellores produtos da terra, pero sobre todo, para colmar a mamoría de bos momentos.

Un almanaque que mostra a alegría de vivir dos galegos, a súa materia prima e ó pobo cantareiro que brinda polas súas costumes e tradicións.

Aquí poderás recorrer doce celebracións gastronómicas, aínda que sabemos que hai moitas máis, está é só unha pequena escolma (algunhas moi coñecidas, outras non tanto), así que convidámosvos a que investiguedes sobre cada unha delas e vos animedes a vivilas.

Bo 2027, cheo de ledicia e de boas lembranzas arredor da mesa, de copas cheas, de baile e de gozo.

Rango de precios: desde 20,00€ hasta 28,00€

Share

Descripción

Colección calendarios ilustrados 2027 – De festa en festa

Tres formatos dispoñibles:

  • FORMATO DE MESA LÁMINAS

Formato DIN A5 (210×148 mm.)

Papel de algodón de alto gramaxe – 300 gramos

8 páxinas en total: 6 páxinas interiores impresas a doble cara, 2 páxinas de portada e contraportada impresas a unha cara

Idioma galego

Festivos autonómicos destacados e desglosados

Ilustracións feitas a man en acuarela

Entrégase en bolsiña autoadhesiva

Ideal para poñer no soporte de madeira da colección 2025 ou en calquera outro caballete para esta medida.

 

  • FORMATO DE MESA ENCUADERNADO

Formato DIN A5 (210×148 mm.)

Papel de algodón de alto gramaxe – 300 gramos

8 páxinas en total: 6 páxinas interiores impresas a doble cara, 2 páxinas de portada e contraportada impresas a unha cara

Con anilla doble (Wire-o) a elexir entre cor branca ou dourada (encuadernado artesanal con dúas anillas)

Peana de cartoncillo ríxido

Idioma galego

Festivos autonómicos destacados e desglosados

Ilustracións feitas a man en acuarela

Entrégase en bolsiña autoadhesiva

 

  • FORMATO DE PAREDE

Formato medidas 150×400 mm. (similar á metade dun A3 en vertical)

Papel de algodón de alto gramaxe – 300 gramos

8 páxinas en total: 6 páxinas interiores impresas a doble cara, 2 páxinas de portada e contraportada impresas a unha cara

Inclúe lazo grossgrain de 6 mm. de cor branco para colgar

Idioma galego

Ilustracións feitas a man en acuarela

Liña por día para facer anotacións como cumples, citas, etc.

Descripción breve de cada festa ó pé de cada páxina

Festivos autonómicos destacados e desglosados

Entrégase en bolsiña autoadhesiva

 

 

 

 

 

Información adicional

formato

anilla blanca, anilla dorada, calendario de pared, láminas sueltas