Reinventarse o morir. Hoxe saimos na prensa.
Graciñas a Sara Vila, do Diario de Pontevedra, polas líneas e por contactar co estudio para reflexar a nova normalidade que os freelance estamos a vivir.
Seguimos currando como podemos e no estudio voltamos coas reunións presenciais mantendo sempre as normas de seguridade. Ademáis, seguimos mantendo as videochamadas e dando soporte ó cliente de forma online, por teléfono e por mail.
O protocolo a seguir no estudio é o seguinte:
1. – Acceso o estudio SOAMENTE CON CITA PREVIA
2. – Soamente poderán asistir 2 PERSOAS sempre e cando convivan xuntas, no caso contrario seguiremos con videochamada e as mostras de papel ou prototipos de invitación volas enviaréi por correo postal.
3. – Asistiredes a vosa cita con mascarilla.
4.- Antes de entrar na oficina, no hall contiguo hai un espazo no que teredes xel hidroalcohólico. É obligatorio que vos desinfectades as mans durante un minuto antes de pasar á sala de reunións.
5.- No caso de que necesitedes tocar papeis, invitacións, muestrarios ou prototipos, utilizaredes guantes dun solo uso. Se polo contrario, queredes sentir o tacto da textura no caso de papeis verjurados, gofrados, laminados, con golpe seco, etc. darásevos unha caixa na cal depositaredes todas as mostras que toquedes. Estas deberán estar en cuarentena durante tres días. Por iso as citas en canto a bodas estarán moi espaciadas no tempo e hai más prototipos e muestrarios.
6.- Para firmar contratos, desinfectaredes de novo as mans e firmaredes utilizando un bolígrafo de cartón, con materiais totalmente biodegradables que despois levaredes con vós.
7.- Pola miña parte, atendereivos sempre coa mascarilla posta, guantes e mantendo a distancia de 2 metros. A miña sonrisa e ilusión será a mesma de sempre.
8.- Ó sairdes do estudio, desinfectaredes de novo as mans e se utilizades guantes e mascarilla do estudio os levaredes con vós.
9. – Non se permitirá o uso do baño.
10. – Non se vos poderá ofrecer auga, café, té ou snaks como faciamos antes da chegada da pandemia.
11. – Na medida do posible, a vosa ficha de cliente, as facturas, orzamentos e dossieres de proxecto serán en formato dixital.
Moitísimas grazas pola vosa colaboración. Sentidiño e moita forza. Estou aquí para calquera dúbida que teñades.